Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán CampUSC 2018

22-29 de xuño, 2-31 de xullo e 3-7 de setembro.
O programa Verán CampUSC 2018 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no periodo de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste periodo así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación (público xeral).

Este programa está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC. Nesta edición, e por terceiro ano consecutivo, o programa contará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Igualdade. Así mesmo, coma en anos anteriores, continuarán a colaborar a Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Deportes da USC.

Neste proxecto amosarémoslles aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes, atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. A práctica de actividades físico-deportivas non é boa só a nivel de saúde senón tamén para inculcar dun xeito lúdico os valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, dedicación e respecto ás normas que sen dúbida resultarán de utilidade para a vida cotiá.

Destinatarios/as   

O programa está dirixido aos nenos e nenas entre 3 e 13 anos de idade1, fillos/as de:

  • Persoal da USC
  • Estudantado da USC
  • Público en xeral
  • Persoal da Fundación USC Deportiva
  • Asistentes a congresos e cursos de verán da USC2

_____

1 Os nenos e nenas de 3 anos de idade deberán telos cumplidos no momento de comezar na actividade.

2 As persoas inscritas nos cursos de verán da USC poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso/s no que estea matriculado ou matriculada.


Nos formularios de preinscrición e inscrición deberá indicar se o rapaz ou rapaza ten calquera tipo de enfermidade e/ou discapacidade. Estes datos só se tratarán co fin de facilitar os apoios e as adaptacións necesarias para o mellor desenvolvemento das actividades.

O programa non dispón de persoal sanitario, polo que non se responsabiliza da administración de calquera tipo de medicación.

Horario e lugar   

O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 8:45 a 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.

O Verán CampUSC 2018 está dividido nas seguintes quendas:

  • 1ª quenda. Do 22 ao 29 de xuño de 2018
  • 2ª quenda. Do 2 ao 13 de xullo de 2018
  • 3ª quenda. Do 16 ao 20 de xullo de 2018
  • 4ª quenda. Do 23 ao 31 de xullo de 2018
  • 5ª quenda. Do 3 ao 7 de setembro de 20183

_______

3 A data definitiva de remate desta quenda adaptarase unha vez sexa aprobado o calendario do curso escolar 2018/2019 en Educación Infantil e Primaria.


O programa Verán CampUSC 2018 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC e noutras acordadas segundo as actividades planificadas. A organización dos grupos dependerá do número de nenos e nenas inscritos e inscritas.

Establécese como lugar de chegada e saída das persoas participantes o Pavillón Polideportivo Universitario, sito na rúa Joaquín Díaz de Rábago s/n.

Cancelación do CampUSC 2018    

O Verán CampUSC 2018 desenvolverase se houbera unha demanda suficiente de participantes que poida garantir o éxito da actividade tanto en termos económicos como deportivo-educativos e de lecer. De non seres así, poderíase cancelar a actividade na súa totalidade ou só nas quendas onde non houbera demanda suficiente. Nese caso devolveríanse as cotas pagadas polas persoas solicitantes.

Número de prazas

As prazas ofertadas serán 100 por quenda. Destas 100 prazas, 70 estarán reservadas á comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC Deportiva e 30 ao público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria). Cando as prazas demandadas nunha quenda sexan superiores ás ofertadas, aplicaranse os criterios que se establecen no apartado seguinte destas bases.

A Fundación USC Deportiva garantiza unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas.

Preinscrición e procedemento de admisión

Dende o 24 de abril ao 7 de maio de 2018 estará aberto o período de preinscrición para todo tipo de solicitantes.

En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección:

  • 1º Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe.
  • 2º Familias con maior número de fillos e fillas inscritos e inscritas.
  • 3º Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas e as monoparentais.4
  • 4º Número total de quendas nas que participou a familia nas edicións do Verán CampUSC de 2016 e 2017.
  • 5º No caso de haber un grupo de solicitudes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo.

_____

4 A estes efectos, non se considerarán familias monoparentais as persoas divorciadas ou separadas que perciban unha compensación económica do outro proxenitor ou proxenitora.


O 9 de maio, como data límite, publicaranse na web da Fundación USC Deportiva as listas provisionais de persoas admitidas en cada quenda. A Comisión de Seguimento poderá solicitar documentación acreditativa para elaborar estas listas.

Os días 9 e 10 de maio terá lugar un periodo de reclamacións e subsanación de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo info@fundacionuscdeportiva.org.

O 14 de maio publicaranse na web da Fundación USC Deportiva as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda.

A comisión de seguimento do programa resolverá aquelas cuestións que na organización e distribución de prazas puideran xurdir sobre a interpretación das bases máis calquera outra cuestión que pola súa índole precise dalgunha resolución. Esta comisión está composta por:

  • Representante da comunidade universitaria no Padroado da Fundación USC Deportiva
  • Xerente da Fundación USC Deportiva
  • Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da USC

A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos e nenas que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten as bases e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión, daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores.

Os nenos e nenas que acudan ao Verán CampUSC deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados a súa idade (respecto aos monitores e monitoras, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc.). De non ser así, o esforzo dos monitores e monitoras estará encamiñado a informar aos pais, nais ou titores deste feito para realizaren a adecuada labor educativa conxunta.

Inscrición   

Os admitidos e admitidas no periodo de preinscrición poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento dende o momento da publicación das listas definitivas ata o 27 de maio. No caso de que o número de preinscricións de comunidade universitaria nalgunha quenda fose inferior a 70, ou inferior a 30 no caso do público xeral, quedará aberto tamén neste momento o prazo de inscrición para quen non teña feita preinscrición, ata cubrir as prazas vacantes.

O 28 de maio comunicarase a través da web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

As persoas inicialmente admitidas no periodo de preinscrición que non formalicen a praza antes do 27 de maio, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

As listaxes de persoas admitidas están elaboradas tendo en conta a preinscrición feita. No caso de que finalmente desexe inscribirse en menos quendas (ou a menos fillos/as) das que figuran na preinscrición, debe consultar previamente coa Fundación xa que podería modificarse a súa situación nas listaxes e pasar á lista de agarda.

Formas de formalización da inscrición   

As persoas que teñan feita a preinscrición non deberán cubrir o formulario de inscrición, independentemente de que a fagan de forma presencial ou a través da páxina web.

Páxina web

A inscrición considerarase feita unha vez:

  • Cuberto o formulario de inscrición (salvo que se teña feita preinscrición).
  • Efectuado o pagamento online da cota correspondente
  • Achegado a copia das páxinas do libro de familia onde figura a data de nacemento do neno ou nena e o nome do proxenitor/a que figura na solicitude.

Unha vez feito isto, haberá que entregar a seguinte documentación na sede da Fundación USC Deportiva, ben de maneira presencial, por correo postal ou escaneada, polo menos unha semana antes do primeiro día de asistencia do rapaz ou rapaza ao Verán CampUSC, como data límite:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena (só no caso de non tela entregada nas edicións de 2016 ou 2017).
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten e só no caso de non tela entregada nas edicións de 2016 ou 2017).
  • Autorizacións asinadas conforme o modelo que estará a disposición do público na páxina web da Fundación USC Deportiva.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira.
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos e fillas de asistentes.

Presencial

A inscrición considerarase feita unha vez entregados:

  • A folla de inscrición (salvo que se teña feita preinscrición).
  • O xustificante do pagamento da cota correspondente
  • A copia das páxinas do libro de familia onde figura a data de nacemento do neno ou nena e o nome do proxenitor/a que figura na solicitude.

Contas bancarias onde realizar o pagamento:

  • Caixa Rural Galega. ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Abanca. ES07 2080 0388 2730 4000 0932


Unha vez feito isto, haberá que entregar a seguinte documentación polo menos unha semana antes do primeiro día de asistencia do rapaz ou rapaza ao Verán CampUSC, como data límite:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena (só no caso de non tela entregada nas edicións de 2016 ou 2017).
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten e só no caso de non tela entregada nas edicións de 2016 ou 2017).
  • Autorizacións asinadas conforme o modelo que estará a disposición do público na páxina web da Fundación USC Deportiva.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira.
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos e fillas de asistentes.


IMPORTANTE (para pago online ou presencial): No concepto do ingreso bancario deberá aparecer o nome e apelidos do rapaz ou rapaza, así como as quendas nas que se inscribe, utilizando os seguintes códigos:

Q1

Do 22 ao 29 de xuño de 2018

Q2

Do 2 ao 13 de xullo de 2018

Q3

Do 16 ao 20 de xullo de 2018

Q4

Do 23 ao 31 de xullo de 2018

Q5

Do 3 ao 7 de setembro de 2018

 

Por exemplo: LARA PÉREZ PÉREZ Q1, Q2, Q5

Sede da Fundación: Edificio FEUGA (despacho 3). R/ Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida. 15705 Santiago de Compostela

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org

Horario:

  • Ata o 15 de xuño: De luns a venres de 9:00 a 15:00 h. e de luns a xoves de 16:00 a 19:00 h.
  • A partir do 16 de xuño: De luns a venres de 9:00 a 15:00 h.

Durante o proceso de inscrición ou preinscrición a Fundación USC Deportiva poderá solicitar aos pais/nais/titores que sinalen que son persoal da USC, que acrediten dita vinculación.

Custo do programa   

Os prezos especiais por varias quendas ou varios irmáns só se aplicarán cando se fagan nunha única inscrición. No caso de inscribirse a unha quenda e posteriormente a outra, non se aboará a diferenza, senón o prezo completo de ambas quendas. Aplicarase o mesmo no caso de inscribir a varios irmáns.

Prezo unha quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

22-29 de xuño

70

129

185

2-13 de xullo

117

215

308

16-20 de xullo

58

107

154

24-31 de xullo

70

129

185

1-8 de setembro5

58

107

154

_____

5 O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos días de duración. Farase público o definitivo unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2018/2019. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.

 

Prezo varias quendas

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

X

X

 

 

174

319

458

 

X

 

X

 

174

319

458

X

X

 X

 

 

228

419

601

X

X

 

X

 

239

439

630

X

 X

 

 X

228

419

601

X

 

 X

X

 

184

339

487

X

 

X

 

 X

174

319

458

 X

 

 

 X

 X

184

339

487

 X

 X

X

 

228

419

601

 X

X

 

X

217

399

573

 

 X

 

 X

 X

228

419

601

X

 X

X

174

319

458

X

X

X

X

286

527

756

X

X

 X

X

276

508

728

X

X

X

X

286

527

756

X

X

X

X

239

439

630

 

X

X

X

X

276

508

728

Programa completo

321

590

847



Custo por día solto e neno ou nena para asistentes a cursos de verán e congresos da USC: 15 €. Este prezo só se aplicará os días nos que teña lugar o congreso ou curso de verán no que o pai ou nai estea inscrito.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado ou interesada. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Actividades   

A programación de actividades do Verán CampUSC 2018 contempla un amplo abano de actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero. Nesta edición a programación dividirase en dous grandes grupos metodolóxicos: a ensinanza por proxectos en Infantil e a metodoloxía comprensiva.

Para os máis pequenos traballarase a través dun proxecto. Este tipo de ensino utiliza un ambiente ou contido concreto para traballar todo o relacionado cunha mesma materia.

Por outra banda traballarase un modelo de ensinanza polideportivo baseado na metodoloxía comprensiva, que ten como principios a cooperación, a toma de decisións e a priorización da táctica sobre a técnica. Realizaranse un amplo número de deportes, todos eles baseados nun clima de respecto, igualdade e amizade.

É importante destacar que todas as sesións do Verán CampUSC teñen como obxectivo ofertar unha amplia variedade deportiva baseada no respecto e na igualdade entre nenos e nenas para que, nun futuro, lles permita practicar deporte de forma autónoma, duradeira e placenteira.

Dentro das actividades de ocio e tempo libre inclúense diferentes obradoiros con diversas técnicas e materiais (modelaxe, pintura, recortables, papiroflexia…), cancións, xogos cooperativos, actividades en favor da igualdade e visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno, etc.

Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos e nenas e da duración da quenda, polo que non todos os rapaces e rapazas ou en todas as quendas se farán as mesmas actividades.

A programación detallada publicarase na web da Fundación antes do comezo de cada quenda.

Protección e seguridade de datos

Todos os datos persoais que se facilitan serán tratados con estrita confidencialidade. En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles que todos os datos que nos faciliten serán incluidos no/nos ficheiro/s para o seu tratamento coa finalidade de realizar o/s servizo/s por vostede contratados e para manterlle informado ou informada das novidades relacionadas con eles así como para a difusión de eventos ou actividades organizados pola Fundación. Vostede poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición dirixíndose por escrito a FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, Edificio Feuga, despachos 2-3, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela.

A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso destas normas.