Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Obradoiro de Kung fu

Aprazado.
Introdución á filosofía, cultura e historia das Artes Marciais Chinesas (os seus métodos de adestramento físico e mental).

Práctica formal tradicional:

  • Chang Quan (boxeo longo).
  • Shaolin Quan (boxeo do templo budista de Shaolin).
  • Wu Shu (formas de adestramento).
  • Wing Chun (fermosa primavera, o moneco de madeira).

Práctica moderna:

  • Boxeo Sanda.
  • San Shou.

Contidos

  1. Dominio das distancias e niveis
  2. Sistemas defensivos:
    • Protección
    • Blocaxes
    • desvíos e esquivas
    • posicións e gardas
    • desprazamentos
  3. Sistemas ofensivos:
    • técnicas de puño
    • técnicas de perna
    • varridos, derrubos
    • Chin Na Shu (agarres)

Obxectivo

Achegarse a disciplina milenaria para desenvolver áreas como:

  • atención e concentración
  • forza
  • resistencia
  • elasticidade
  • técnicas de man baleira
  • técnicas con armas
  • coordinación
  • defensa persoal
  • combate programado (Du Lian)
  • combate libre (San Shou)

Persoas destinatarias

Este curso vai dirixido ás persoas con algún coñecemento previo en distintas artes marciais e que estean interesadas en achegarse a esta disciplina chinesa.

Data

Sábado 28 de marzo de 2020

Horario

De 9:15 a 13:45 h.

Lugar

Sala de artes marciais do Complexo Deportivo do Estadio da USC: Avenida Novoa Santos, s/n. Santiago de Compostela.

Prazas

15 prazas

Docente

O profesor da Fundación USC Deportiva, Amancio Rial Bouza, será o encargado de dirixir a práctica. Rial Bouza é o profesor de actividades como Mindfulness, Tai Chi, Chi Kung e Kung Fu da Fundación USC Deportiva.

Prezo

30 €

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 25 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario online e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org esta cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.

Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org

Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Que preciso levar?

Roupa de artes marciais ou de algodón sen botóns, cremalleiras ou outros elementos que poidan ser perigosos para a práctica (técnicas de contacto).

Débese levar tamén auga para hidratarse xa que o traballo será intenso.

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.