Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán CampUSC 2022

Do 23 xuño ao 29 de xullo e do 1 ao 7 de setembro de 2022
O programa Verán CampUSC 2022, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, é unha actividade que ten lugar no período non lectivo do verán (agás o mes de agosto) co fin de conciliar a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.

Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.

Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.

Esta edición do Verán CampUSC contará con certas diferenzas con respecto a outras debido á situación sanitaria destes dous últimos anos, para o cal aproveitaremos todo o aprendido durante estas últimas edicións.

Antes do inicio da actividade, as familias participantes recibirán toda a información do desenvolvemento da actividade relativa ás medidas implantadas para a seguridade de todo o colectivo que formará parte do programa.

  • Bases Verán CampUSC 2022

  • Prazo de inscrición finalizado.

    O prazo de inscrición no Verán CampUSC 2022 rematou o 11 de maio.

    O 20 de maio, como data límite, publicaranse na web da Fundación as listas provisionais de persoas admitidas en cada quenda.

    O 25 de maio publicaranse as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e, no caso de que nalgunha quenda queden prazas dispoñibles, abrirase novamente o prazo de inscrición ata cubrir as prazas.