Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

De: 23 de xuño    A: 10 de setembro

Verán CampUSC 2010

Campus Vida de Santiago de Compostela
O programa Verán CampUSC 2010 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período e a estes e outros interesados/as, participar nos cursos de verán da USC.

Este programa está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Cultura da USC. Colaboran o Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero da Vicerreitoría de Calidade (con fondos europeos, concedidos a través do Servizo Galego de Igualdade), a Sala Nasa e o Centro Xuvenil Don Bosco.

Neste proxecto amosarémoslle aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes, atendendo ás súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. A práctica de actividades físico-deportivas non son boas só a nivel de saúde senón tamén para inculcar dun xeito lúdico os valores de disciplina, esforzo, dedicación e respecto ás normas que sen dúbida resultarán de utilidade para a vida cotiá.

As actividades de tempo libre e lecer serán dirixidas por persoal do Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago de Compostela, mentres que as actividades deportivas serán dirixidas polo persoal da Fundación USC Deportiva.

Sumario das bases

Destinarios/as | Horario | Número de prazas | Inscricións | Documentación | Formas de inscrición | Custos | Formas de pagamento |

 

BASES Do CampUSC 2010

Destinatarios/as

O programa está dirixido a nenos e nenas entre 3 e 12 anos de idade –os nenos/as de 3 anos deberán telos cumpridos no momento de comezar a actividade–, que sexan fillos/as de:

  • Traballadores/as da USC.
  • Asistentes a cursos de verán da USC (As persoas inscritas nos cursos de verán da USC, poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso/s nos que estea matriculado/a.).
  • Traballadores/as da Fundación USC Deportiva ou das súas entidades colaboradoras.
  • Público en xeral.

Horario

O programa terá o seguinte horario: de luns a venres de 08:45 h. a 14:15 h.

E as quendas seguintes:

  • Do 26 ao 30 de xullo de 2010.
  • Do 1 ao 9 de setembro de 2010.

O programa Verán CampUSC 2010 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións específicas da USC ou noutras conveniadas que se concretarán unha vez se organicen os grupos de idade. A organización destes grupos dependerá do número de nenas e nenos inscritos/as.

Establécese como lugar de entrega e recollida dos participantes o Pavillón Polideportivo Universitario. Utilizaranse ademais outras instalacións deportivas da USC así como a carballeira sita ao carón da Piscina Universitaria e os Colexios Maiores da Residencia. Puntualmente os nosos participantes asistirán ás actividades da Nanonasa, a levar a cabo na Sala Nasa, da rúa San Lourenzo.

O programa dará comezo ás 08:45 hs., e rematará ás 14:15 hs., polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores/as responsábeis comprenderá esa franxa horaria.

Número de prazas

As prazas ofertadas serán 70 por quenda. Nos casos en que as prazas demandadas sexan cantidade superior a 70, darase preferencia ás persoas que solicitaran maior número de quendas e as que teñan inscritas maior número de irmáns. O resto serán adxudicadas por sorteo.

No caso en que sexa posible unha adecuada organización do programa en condicións óptimas, aceptaranse un número maior de solicitudes.

Cancelación do Verán CampUSC 2010

O Verán CampUSC 2010 desenvolverase se houbera unha demanda suficiente de participantes que poida garantir o éxito da actividade tanto en termos económicos como deportivo-educativos e de lecer. De non seres así, poderíase cancelar a actividade na súa totalidade, ou só nas quendas onde non houbera demanda suficiente. Nese caso devolveríanse as cotas pagadas polos solicitantes.

Inscrición e procedemento de admisión

Do 24 de maio ao 6 de xuño de 2010 estará aberto o período de inscrición de solicitudes, para o colectivo de traballadores/as da USC, de traballadores ou colaboradores da Fundación USC Deportiva, e para os asistentes aos Cursos de Verán da USC. Con elas formaranse os grupos de idade atendendo ás quendas, horarios e días solicitados e faranse, se é o caso, os sorteos das prazas dispoñibles.

O 9 de xuño, como data límite, publicaranse as listas de admitidos/as en cada quenda na web da Fundación USC Deportiva.

Se houbese prazas libres, abrirase un novo prazo de inscrición para o público en xeral, que será, como mínimo, desde o día 10 ata o 18 de xuño.

Se rematados os prazos de inscrición quedaran prazas libres nas quendas, a Fundación USC Deportiva poderá manter abertos os períodos de inscrición ata que se completen.

Documentación

  • Ficha de solicitude de inscrición (Descargar .pdf).
  • Autorizacións (Descargar .pdf).
  • Resgardo de ter aboado o custo do programa en caso de ter sido feita a inscrición de xeito presencial.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  • Dúas fotografías tipo carné.
  • Copia da última nómina para os fillos/as do persoal da USC ou para colaboradores da Fundación USC Deportiva, ou copia da matrícula no curso de verán para os fillos de asistentes.

Formas de inscrición

  • Páxina web: A través desta páxina web pode:Con posterioridade só tería que entregar as fotos, autorizacións e fotocopia da tarxeta sanitaria ao coordinador do Verán CampUSC o primeiro día que deixe ao/á menor no Pavillón Polideportivo da USC.
  • Presencial: Descargue o <media>formulario de inscrición</media> e as <media>autorizacións</media>. Cúbraos e entrégueos xunto ao xustificante do pago nalgunha das contas bancarias e o resto da documentación (copia tarxeta sanitaria, fotos e nómina) da Fundación na Sede da mesma en Praza Pascual Veiga, 7, entrechán A, de Santiago de Compostela (en horario de 9:30-14:00 h.) con anterioridade ao día de peche das inscricións.

Contas bancarias da Fundación USC Deportiva:

  • Caixa Rural Galega: C.c.c: 3070 0035 26 6069384920
  • Caixa Galicia: C.c.c: 2091 0388 97 3040000932.

Custo do programa

Custo por quenda e irmáns para traballadores da USC, asistentes a cursos de verán da USC (1) e traballadores/as ou colaboradores/as da Fundación USC Deportiva

Custo unha única quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

23-30 xuño

pechado

pechado

pechado

1-16 xullo

sen prazas

sen prazas

sen prazas

19-23 xullo

sen prazas

sen prazas

sen prazas

26-30 xullo

70

130

190

1-9 setembro (2)

100

190

270

(1). O prezo por día para os asistentes aos cursos de verán será de 20 euros.
(2). O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos días de duración. farase público o definitivo, unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2010-11. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.

Custo por quenda e irmáns para público en xeral

Custo unha única quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

23-30 xuño

pechado

pechado

pechado

1-16 xullo

sen prazas

sen prazas

sen prazas

19-23 xullo

sen prazas

sen prazas

sen prazas

26-30 xullo

90

165

230

1-9 setembro (1)

125

230

325

(1). O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos dias de duración. farase público o definitivo , unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2010-11. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.

Formas de pagamento

Ten a súa disposición distintas vías para realizar o pagamento das taxas de inscrición:

  • Ingreso nalgunha das seguintes contas bancarias:
  • Caixa Rural Galega: C.c.c: 3070 0035 26 6069384920
  • Caixa Galicia: C.c.c: 2091 0388 97 3040000932.
  • Pagamento on line da cota correspondente atendendo ao número de nenos/as que inscriba e as quendas ás que asistan. Realizar o pago desde a web.

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade dos datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Praza de Pascual Veiga, 7, entrechán A, 15706, de Santiago de Compostela.

Admisión

A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten estas bases e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión, daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores.

Os/as nenos/as que acudan ao Verán CampUSC 2010 deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados á súa idade (respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc.). De non ser así, o esforzo dos/as monitores/as estará encamiñado a informar aos pais, nais ou titores deste feito para realizaren a adecuada labor educativa conxunta.

Comité de seguimento

O Comité de seguimento do programa resolverá aquelas cuestións que na organización e distribución de prazas puideran xurdir, sobre a interpretación das presentes bases, máis calquera outra cuestión que póla súa índole precise dalgunha resolución.

Este Comité está composto por:

  • Vicerreitor/a de Cultura da USC.
  • Representante da comunidade universitaria no Padroado da Fundación USC Deportiva.
  • Xerente da Fundación USC Deportiva
  • Director do Verán CampUSC 2010
  • Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da USC
  • 1 Membro da Xunta de Persoal Docente e Investigador
  • 1 Membro do Comité de Empresa do Persoal Docente e Investigador
  • 1 Membro da Xunta de PAS
  • 1 Membro do Comité de empresa de PAS

A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso destas normas.