Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo no mes de maio

12, 13 e 26 de maio
Unha fin de semana para percorrer as terras de Xinzo de Limia e unha atractiva ruta en Becerreá son a oferta de sendeirismo para este mes

Días 12 e 13. Fin de Semana en Xinzo de Limia

  • Hora de saída: sábado 08:00 h.
  • Hora de regreso: domingo ás 19:30 h  aproximadamente.
  • Aloxamento: Hotel Xinzo.

Desprazámonos á zona de A Lima para facer dúas interesantes rutas de sendeirismo que nos farán disfrutar tanto de elementos naturais como culturais. Aloxarémonos no hotel en réxime de media pensión. Así que tendes que levar a comida para as rutas.

Sábado 12. Ruta do Castelo da Pena e o mosteiro do Bon Xesús

  • Lonxitude da rota: 25 km aprox. (os últimos 7 quilómetros son optativos).
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media-alta (pola lonxitude total da ruta).

O percorrido comeza e remata mesmo en Xinzo. Destaca polas amplas panorámicas e os seus altos valores culturais, como o castelo e o mosteiro, asi como os valores naturais, xa que hai moitas zonas de carballeiras, e zonas altas cubertas de brezos, toxos, xestas e carqueixas que con un pouco de sorte estarán en flor. Os camiños en xeral son moi bos.

Domingo 13. Ruta pola lagoa de Antela e os montes de Cerredelo. (concello de Sandiás)

  • Lonxitude da rota: 13 km aproximadamente.
  • Desnivel: baixo-medio.
  • Dificultade: baixa-media.

A ruta desenvólvese no concello veciño de Sandiás. Comezaremos a xornada visitando as ruínas do castelo da vila, así como a súa igrexa e as súas estupendas rúas restauradas. Se fose posible tamén visitaremos A Casa da Lagoa, centro de interpretación da lagoa de Antela. Despois o bus levaranos ata o que hai décdas foi a lagoa de Antela, onde a día de hoxe estase intentando recuperar parte da riqueza natural do lugar. Comezamos a ruta facendo un pequeno percorrido entre as lagoas e despois na aldea de Vilariño das Poldras logo de visitar os seus famosos miliarios pertencentes á Via Nova, collemos camiño ao monte ata chegar a capela de San Bieito, xa preto de Sandiás.

Sábado 26 de Maio. Sendeirismo en Becerreá. Ruta de Quintá-Río Donsal

  • Hora de saída: 09:00 h.
  • Hora de regreso: 20:30 h  aprox.
  • Lonxitude da rota: 16 km aprox.
  • Desnivel: medio (principalmente de baixada)
  • Dificultade: media (pode haber zonas esbaradizas e con lama)


A ruta que transcorre integramente no concello de Becerreá foi sinalizada e preparada pola asociación Castaño y Nogal. Esta ruta é sen dúbida un auténtico tesouro natural e paisaxístico pouco coñecido, cunhas fermosas vistas sobre a zona dos Ancares. Destacan as carballeiras e os soutos centenarios, asi como os ríos ben conservados. Comeza na aldea de Couso e remata en Cabana.

Inscrición

Estas rutas están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Consultar os prezos e a inscrición pódense facer aquí: www.usc.es/deportes.