Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Camiño ao Gaiás

Xullo, agosto e setembro
Faranse todos os mércores dos meses de xullo, agosto e setembro. Os itinerarios parten desde a praza de San Roque ás 17.30 h. É necesario inscribirse previamente e a actividade é gratuíta.

Descobre unha nova forma de achegarse e descubrir o Gaiás. Organizada en colaboración coa Fundación USC Deportiva, esta actividade pretende ofrecerlles aos visitantes novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor os seus fermosos arredores, tanto dende o punto de vista da natureza como desde a difusión do patrimonio histórico, permitindo descubrir algunhas das “xoias arquitectónicas” de Compostela.

Acompañados por monitores da Fundación USC Deportiva, os participantes concentraranse no centro histórico de Santiago e subirán a pé ata a Cidade da Cultura. Unha vez alí, serán recibidos por un dos guías da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada ao exterior e interior do complexo.

O percorrido comeza na Praza de San Roque, situada na confluencia da rúa das Rodas e a da Algalia de Arriba (ver localización en Google maps) e de aí proseguimos ata o parque de Bonaval, entrando polo acceso que pasa ao carón do CGAC e saíndo pola rúa do Rosario. Atravesando a rúa de San Pedro accedemos ao parque de Belvís.

Atravesamos este parque e baixamos cara o Sar, para ascender finalmete ao monte Gaiás pola calzada de Sar. Ao chegar á parte alta entramos na Cidade da Cultura de Galicia, onde se realizará unha visita guiada de aproximadamente unha hora de duración.

O descenso ten lugar polo acceso principal e o percorrido chega ao seu fin na Colexiata de Sar, onde remata a actividade.

O percorrido será de 6 km de lonxitude, aproximadamente.

A hora de inicio da actividade será ás 17:30 horas. A hora de chegada prevista á Cidade da Cultura é ás 18:30 horas. O remate da actividade ten lugar uns 45 minutos despois da finalización da visita guiada, é dicir en torno ás 20:15 horas.

Cómpre levar calzado axeitado e é recomendable levar algo de auga.

Datas de realización

A actividade terá lugar todos os mércores dos meses de xullo, agosto e setembro:

  • Xullo: 4, 11, 18, 25
  • Agosto: 1, 8, 15, 22, 29
  • Setembro: 5, 12, 19, 26

Horario

A hora de saída: 17:30 horas desde a praza de San Roque.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa que o desexe. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor que igualmente debe inscribirse para a realización da actividade. A actividade non está recomendada para rapaces menores de 10 anos.

O cupo máximo de persoas por itinerario será de 25 persoas. En caso de haber máis inscricións que prazas, crearase unha lista de agarda. Respetarase a orde de inscrición.

Datas de inscrición

O  prazo de inscrición para os roteiros de xullo abrirase o 5 de xuño até cubrir as 25 prazas de cada grupo. Unha vez cubertas as prazas, a inscrición continuará aberta e se formará unha lista de agarda.

O prazo de inscrición para os roteiros de agosto abrirase na primeira semana de xullo e o prazo de inscrición para os roteiros de setembro abrirase na primeira semana de agosto. Da mesma maneira, unha vez cubertas as prazas, a inscrición continuará aberta e se formará unha lista de agarda.

Inscrición gratuíta

A participación na actividade é totalmente gratuíta.

Como inscribirse

A inscrición nos roteiros pode realizarse preenchendo este formulario.
No caso dos menores de idade, ademais da inscrición, deberá cubrirse esta autorización e enviala por correo electrónico a contacto@fundacionuscdeportiva.org ou por fax ao número 881 975 399.

Normas de obrigado cumprimento

  • Os participantes seguirán as indicacións dos guías dende que comeza a actividade ata que remata
  • Non pode participar na actividade ningunha persoa que non esté na lista de participantes admitidos.
  • Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor e este será o responsable do menor durante toda a actividade
  • Debemos prestar máxima atención ao tráfico rodado cando haxa que cruzar rúas ou estradas.

Requírese Flash!
Roteiro ao Gaiás