Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rodando ao Gaiás

Xuño, xullo, agosto e setembro
Os amantes da bicicleta xa non teñen excusa para non achegarse ao Gaiás. A Cidade da Cultura, en colaboración coa Fundación USC Deportiva, ofrécelle a todos aqueles que gozan sobre as dúas rodas unha alternativa amena e diferente para subir ao complexo deseñado por Peter Eisenman.

Dous percorridos pensados para todos os públicos e que lles descubrirán aos habitantes de Compostela novos recunchos da cidade e aos estranxeiros unha nova forma de coñecela.

Acompañados en todo momento dun monitor, os participantes  poderán baixarse da bici unha vez chegados ao Gaiás para realizar unha visita da man dun guía da Fundación Cidade da Cultura. Unha experiencia única para para combinar diversión e deporte.

Con esta actividade, todos os amantes da bicicleta poderán coñecer unha nova alternativa para achegárse á Cidade da Cultura de Galicia. Propoñemos dúas rutas.

Ruta “Familiar”: 10 km

O percorrido comeza no estadio de San Lázaro, xunto ás taquillas, e se toma a estrada que leva cara a parroquia de Aríns. Ao pouco de saír cóllese unha pista de terra á dereita que vai rodeando o monte Viso, preto da autoestrada AP-9. Pronto se chega á aldeíña  de O Viso, onde aínda se poden observar exemplos de arquitectura típica da zona, así como hortas e prados. Máis adiante se acada a glorieta do multiusos do Sar. Aquí, encárase a última parte do itinerario, e tamén a parte máis dura: a subida ao Gaiás.

Ruta “Técnica”: 11 km

A ruta comeza no estadio de San Lázaro, xunto ás taquillas. O comezo é común coa ruta “Familiar” pero, neste caso séguese pola estrada que leva a Aríns e se rodea o monte Viso pola cara este e sur. O treito de asfalto dura un pouco ata chegar a unha fermosa pista que, entre carballeiras, leva a cruzar por enriba da autoestrada. O camiño conduce despois entre hortas e campos, ata case O Cruceiro do Sar. Deste xeito accedemos ao Gaiás pola vertente sur.

A hora de inicio de ambas actividades será ás 17:30 horas e a hora prevista de fin, ás 20:30 horas. Este tempo inclúe a visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia.
Cómpre levar bicicleta de montaña e é recomendable levar algo de auga.

Datas de realización

Ruta familiar

  • Xuño: 26
  • Xullo: 31
  • Agosto: 21
  • Setembro: 18

Ruta técnica

  • Xullo: 10
  • Agosto: 14
  • Setembro: 4

Horario

A hora de saída para ambas actividades será ás 17:30 horas desde o Estadio de San Lázaro (aparcamento).

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa que o desexe. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor que igualmente debe inscribirse para a realización da actividade.

Idade mínima:

  • Ruta familiar: 11 anos
  • Ruta técnica: 13 anos

 O cupo máximo de persoas por itinerario será de 20 persoas. En caso de haber máis inscricións que prazas, crearase unha lista de agarda. Respetarase a orde de inscrición.

Datas de inscrición

O  prazo de inscrición para as rutas de xuño e xullo abrirase o 5 de xuño até cubrir as 20 prazas de cada grupo. Unha vez cubertas as prazas, a inscrición continuará aberta e se formará unha lista de agarda.

O prazo de inscrición para as rutas de agosto abrirase a primeira semana de xullo e o prazo de inscrición para as rutas de setembro abrirase a primeira semana de agosto. Da mesma maneira, unha vez cubertas as prazas, a inscrición continuará aberta e se formará unha lista de agarda.

Inscrición gratuíta

A participación na actividade é totalmente gratuíta.

Como inscribirse

A inscrición nos roteiros pode realizarse preenchendo este formulario.
No caso dos menores de idade, ademais da inscrición, deberá cubrirse esta autorización e enviala por correo electrónico a contacto@fundacionuscdeportiva.org ou por fax ao número 881 975 399.

Normas de obrigado cumprimento

  • É obrigatorio a utilización do casco. Sen casco non se pode realizar a actividade.
  • Ter conciencia de que a Subida ao Gaiás non é unha actividade competitiva.
  • Nunca se adiantará aos monitores que vaian en cabeza marcando o ritmo e cómpre intentar circular en grupo.
  • Acatarase as indicacións dos monitores.
  • Hai que ser respectuoso cos compañeiros de actividade e ter cautela á hora de facer algún adiantamento se a situación o requirise.
  • É recomendable levar roupa que se vexa ben, así como elementos reflectantes.
  • É preciso revisar a bicicleta antes de facer a actividade e comprobar que está en condicións óptimas, co fin de previr problemas mecánicos.
  • É moi recomendable levar as ferramentas precisas para solventar posibles averías.
  • As rutas están pensadas para bicicleta de montaña (BTT).




A organización resérvase o dereito a anular ou suspender a actividade se as condicións meteorolóxicas ou algunha causa de forza maior o requirisen.