Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo do mes de outubro

20 e 27 de outubro
Ofrécense dúas rutas outonais por terras lucenses. A primeira na Mariña, para percorrer a zona litoral desde Ribadeo ata a praia das Catedrais. A segunda no concello de Táboada na contorna do embalse de Belesar para percorrer as terras de viñedo da súa ribeira.

Sábado, 20. Ruta de Ribadeo á praia das Catedrais pola costa

  • Hora de saída: 08:00 h.
  • Hora de regreso: 21:00 h. aprox.
  • Lonxitude da ruta: 22  km aprox.
  • Desnivel: baixo.
  • Dificultade: media (os camiños son bos en xeral. A dificultade vén dada pola lonxitude).

 
A ruta comeza na vila de Ribadeo e vai seguindo todo o tramo costeiro ata chegar á praia de Augas Santas, máis coñecida como praia das Catedrais, que está declarada monumento natural. Toda a andaina desenvólvese por unha zona de altísimo interese paisaxístico e natural.

Sábado, 27. Ruta polos Socalcos de Belesar

  • Hora de saída: 09:00 h.
  • Hora de regreso: 18:00 h. aprox.
  • Lonxitude da ruta: 13  km aprox.
  • Desnivel: medio-baixo
  • Dificultade: media-baixa.

A ruta transcorre por terras do concello de Taboada e ofrece paisaxes rurais típicas, carballeiras e soutos na veciñanza do encoro de Belesar, onde se visitarán as zonas de viñedos da súa ribeira. É unha excelente ruta para iniciarse no sendeirismo e tamén para que camiñantes experimentados gocen dunha relaxante e tranquila xornada nunha agradable e fermoso entorno.

Inscrición

Estas rutas están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Consultar os prezos e a inscrición pódense facer aquí: www.usc.es/deportes.