Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Andainas de novembro

10, 15, 24 e 25 de novembro
Dúas rutas nocturnas en cabo Home, no Morrazo, e o Monte Viso, en Compostela, xunto cunha saída de fin de semana ás Médulas, compoñen a oferta de senderismo do mes de novembro.

Día 10. Sábado. Camiñata nocturna. Zona de Cabo Home, Donón

  • Hora de saída: 16:00    
  • Hora de regreso: 00:30 aprox.    
  • Lonxitude da ruta: 14 km aprox.
  • Desnivel: baixo-medio    
  • Dificultade: baixa-media

Comezaremos a ruta aínda de día, en Hío e colleremos dirección ao monte Facho para ver a posta de sol. Dende alí, entre lusco e fusco camiñaremos ata Cabo Home e despois ata a praia de Barra para rematar en Nerga. O obxectivo desta novidosa actividade que vos plantexamos e disfrutar da natureza durante a transición entre o día e a noite e durante a noite mesmo.

Transitaremos polos camiños mais cómodos posibles e evitaremos os tramos de asfalto, así como as zonas potencialmente perigosas, pero compre que levedes linterna (con pilas de reposto) e algún elemento reflectante por si fixera falta.

Día 15. Xoves. Roteiro nocturno ao Monte Viso

  • Hora de saída: 19:00.     
  • Hora de regreso: 21:00h. aprox.    
  • Lonxitude da ruta: 8  km aprox.
  • Desnivel: baixo-medio    
  • Dificultade: media


A actividade comeza na praza de Santa Sofía. Dende aquí subiremos ao parque de Carlo Magno para logo baixar ata Sar e rodeando o monte Gaiás, cruzaremos a autoestrada para acadar o monte Viso dende o Sur e poder disfrutar das vistas nocturnas da cidade. Logo o regreso será baixando cara a aldeíña do Viso e de ahí á colexiata do Sar onde daremos por rematada a actividade. Compre levar linterna e algún elemento reflectante.

Día 24 e 25 Sábado e Domingo. Ruta polas Médulas e o seu entorno.

  • Hora de saída:  08:00 h.    
  • Hora de regreso: 20:00 h        

Sábado 24. Ruta polas Médulas    

  • Lonxitude da ruta:  15 km aprox    
  • Desnivel: baixo-medio    
  • Dificultade: media.

Esta xornada dividirase en dúas partes. Primeiramente faremos un curto percorrido polas Médulas con guía especialista que nos amosará os puntos máis interesantes. Logo, faremos unha ruta perimetral polas Médulas para poder disfrutar das súas variadas paisaxes.

Domingo 25. Ruta de Cornatel e Ferradillo.

  • Lonxitude da ruta: 15 km aprox       
  • Desnivel: medio    
  • Dificultade: media.

Desprazámonos en bus ata o cercano castelo de Cornatel, alí comezarmos unha fermosa ruta que nos levará ata Ferradillo, pobo situado ao fondo do val, que chegou a estar case abandonado e agora esta rexurdindo e estase levando acabo un importante proxecto de restauración e posta en valor en parte grazas a Asociación de Amigos de Ferradillo. (www.ferradillo.com)

As dúas rutas que faremos teñen un altísimo interese natural, paisaxístico, cultural e patrimonial.

Estaremos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Medulio. www.hotel-medulio.com

Tedes que levar a comida para as rutas.

A visita guiada da ruta do sábado e a posible visita ao Castelo de Cornatel, en caso de que estivese aberto, teñen un importe de 2€ cada unha non incluída no prezo, que temos que pagar alí no momento.

Inscrición

Estas rutas están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Consultar os prezos e a inscrición pódense facer aquí: www.usc.es/deportes.