Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Actividades de sendeirismo: rutas e cea

15, 20, 22 e 31 de decembro
A Mariña lucense, as terras de Triacastela, a saída de despedida de ano no monte Lobeira sobre a ría de Arousa e unha cea dos afeccionados aos sendeirismo son a completa oferta do mes de decembro.

Día 15. Sábado. Costa de Lugo. De Foz a Burela

  • Hora de saída: 09:00 h
  • Hora de regreso: 21:00 aprox.
  • Lonxitude da ruta: 20 km.
  • Desnivel: non ten
  • Dificultade: media

A ruta comeza na mesma vila de Foz e vai a carón da costa pasando por innumerables puntos de interese paisaxístico e natural, alternando praias, coídos, cantís, calas, illotes…Veremos tamén o castro de Fazouro. A ruta transcorre en gran parte por zonas de paseo marítimo, pero tamén hai sendas, pistas e praia. Rematamos o itinerario na vila de Burela.

Día 20. Xoves. Cea sendeirista

Celebrarase ás 21 h. no Restaurante Monte da Condesa. Prezo: 23,50 euros. O pagamento e inscrición realízase Restaurante Monte da Condesa. A data límite de inscrición é o 18-12-2012.

Menú

  • Empanada caseira
  • Gambas Orly
  • Tortilla española
  • Robaliza "á espalda"
  • Tenreira estufada con guarnición
  • Tronco Xacobeo con chocolate quente
  • Viño D.O. Ribeiro e Rioja
  • Auga mineral, refresco
  • Café, chupito

Día 22. Sábado. Serra do Oribio. Triacastela

  • Hora de saída: 09:00       
  • Hora de regreso: 20:30 aprox
  • Lonxitude da ruta: 20 km.
  • Desnivel: medio-alto
  • Dificultade: media-alta


O monte Oribio é unha xoia case descoñecida, un dos nosos tesouros naturais e paisaxísticos. Esta situado moi preto do Courel. A ruta lévanos dende Triacastela ata o cumio, onde poderemos gozar dunhas panorámicas marabillosas. É un bo ascenso, cómpre ter en conta que o cumio está a 1.442 metros de altitude. Os camiños son bos, principalmente pistas de terra. A ruta é circular xa que comeza e remata en Triacastela.

Día 31. Luns.  Miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas.

  • Hora de saída: 09:00       
  • Hora de regreso: 14:00 aprox
  • Lonxitude da ruta: 7 km.
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade: baixa

Propoñemos despedir o ano no faro das Lúas e no monte Lobeira, estupendos miradoiros sobre a ría de Arousa e toda a comarca. O itinerario correspóndese en gran medida co sendeiro homologado PR-G126. Tamén ten este miradoiro de certo valor arqueolóxico xa que no seu cumio hai restos do que parece que foi unha antiga fortaleza medieval.

Inscrición

As rutas de sendeirismo están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Consultar os prezos e a inscrición pódense facer aquí: www.usc.es/deportes.