Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo do mes de xaneiro

19 e 26 de xaneiro
O novo ano estréase con dúas rutas de notable interese natural a traves de percorrido homologables: o sendeiro PR-G157 pola Ribeira Sacra de Lugo e o PR-G147 nas proximidades do encoro de Ribeira nas Pontes de García Rodríguez.

Día 26. Sábado. As Fragas de Ribeira e Lostegal. As Pontes

Este sendeiro forma parte do sendeiro homologado PR-G147. Ten un alto valor natural xa que durante o percorrido visitaranse fermosas fragas, que están nun excelente estado de conservación, na contorna do encoro de Ribeira no concello de As Pontes.

A zona atópase entre o parque natural de Fragas do Eume e o LIC Serra do Xistral.

A ruta ten moi boas vistas panorámicas sobre toda a zona.

  • Hora de saída: 09:00 h.
  • Hora de regreso: 20:00 aprox.
  • Lonxitude da ruta: 18 km.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media (en caso de chuvia os camiños poden estar enlameirados).

Día 2 de febreiro. Sábado. Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense

Esta ruta forma parte do sendeiro homologado PR-G157. Farase nesta ocasión unha parte, de Doade ata Vilardemouros.

O camiño discorre pola parte alta das Terras de Lemos, ao carón do canón do Sil. Comeza a andaina en Doade, parroquia de Sober.

A ruta ten un altísimo interese paisaxístico, natural e cultural. Poderase observar o río Sil dende fermosos miradoiros naturais, así como diferentes elementos culturais.

E salientable tamén a biodiversidade da ruta nesta zona claramente influenciada polo clima mediterráneo.

Os camiños en xeral son moi bos, agás un tramo de 1 quilómetro no que cómpre prestar atención xa que o sendeiro é serpeante e algo complicado, tamén pode producir algo de vértixe, aínda que non é perigoso. Se é preciso procuraranse alternativas de trazado.

  • Hora de saída: 09:00 h.
  • Hora de regreso: 20:30 aprox.
  • Lonxitude da ruta: 14 km.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.

Inscrición

As rutas de sendeirismo están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Para saber dos prezos e a inscrición pódense consultar: www.usc.es/deportes.