Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Curso Básico de Manexo de GPS

6 de abril | MATRÍCULA CERRADA. PRAZAS CUBERTAS
Cada vez máis xente adquire dispositivos GPS para ás súas saídas ao campo ou a montaña, pero moitas veces non temos os coñecementos básicos necesarios para sacarlles todo o seu partido. Sabemos que é un aparato que nos pode ser de grande axuda pero, como?

Este curso pretende que todas aquelas persoas que adquiriron recentemente un dispositivo GPS aprendan a sacarlle o máximo partido a partir dunha sesión teórica, probas de campo e unha sesión interactiva onde se analizarán os resultados obtidos na proba de campo.

Este curso xa cerrou o proceso de inscrición e matrícula

Obxectivos

  • Adquirir os conceptos básicos para o coñecemento e bo uso do dispositivo GPS.
  • Poñer en práctica os coñecementos adquiridos na sesión teórica. Levarase a cabo mediante o manexo do GPS.
  • Valorar e interpretar os resultados obtidos mediante as diferentes alternativas que ofrecen os distintos software e utilidades.

Contidos

1. Nocións e fundamentos

  • O sistema GPS
  • Xeodesia
  • Proxección
  • Datum
  • Precisión e erros
  • DGPS

2. Receptores

  • Tipos
  • Modelos
  • Características
  • Configuración

3. Datos

  • Tracks
  • Waypoints
  • Rutas
  • POIs

4. Cartografía

  • Mapas Raster (Topográficos e Ortofotos)
  • Mapas Vectoriais
  • Relevos

5. Comunicacións

  • Protocolos
  • Transferencia de Datos GPS->PC, PC->GPS

6. Softwares

  • CompeGPS, Basecamp, GoogleEarth

7. Probas de campo

  • Configuración
  • Xestión
  • Creación e interpretación de datos
  • Navegación


8. Aplicacións

  • Seguemento e localización
  • Geocaching

Profesor

Javier Aradas Mariñas é Técnico de Sendeiros pola Federación Española de Montaña e Escalada e a Escola Española de Alta Montaña. É tamén Técnico de Sendeiros e Instructor de Sendeirismo pola Federaçao de Campismo e Montanhismo de Portugal e a Escola Nacional de Montanhismo.

Elaborou numerosos proxectos de sendeiros para a Federación Galega de Sendeirismo e ten impartido diversos cursos e xornadas relacionados co tema de GPS para a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, a Federación Andaluza de Montañismo ou a Federaçao de Campismo e Montanhismo de Portugal.
Para esta última entidade portuguesa imparte anualmente, dende 2006, docencia en cursos de iniciación e actualización de aplicacións informáticas e de GPS en sendeirismo e montañismo, tanto nos ámbitos de seguridade en actividades como de actualización de técnicos de sendeiros ou nos Cursos de Monitores de Sendeirismo e Montañismo, na área de Orientación con GPS.

Ademais da súa actividade como docente, Javier Aradas é Coordinador da Escola de Tempo Libre da Universidade da Coruña, Coordinador da Sección de Actividades na Natureza da Área de Deportes da Universidade da Coruña e moderador do foro oficial do software CompeGPS.

Data e horario

  • Sábado 6 de abril de 2013
  • De 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas

Estrutura de curso

  • De 9:00 a 12:30: Sesión expositiva na aula
  • De 12:30 a 14:00: Probas de campo
  • De 15:30 a 17:30: Probas de campo
  • De 17:30 a 19:30: Sesión interactiva na aula

Lugar

  • Aula de Formación da Biblioteca Universitaria Concepción Arenal
    Rúa dos Feáns s/n, Campus Vida
    Santiago de Compostela

Prezo

  • 35 €

Número de prazas

  • Mínimo 8
  • Máximo 14

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de idade que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 2 de abril non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado a mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A incrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario [pechado o prazo de matrícula] e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  • 1. Pago on line [Pechado o prazo de matrícula]
  • 2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, por fax, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: C.c.c: 3070 0035 26 6069384920
  • Novagalicia Banco: C.c.c: 2080 0388 27 3040000932
  • Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org
  • Fax: 881 975 399
  • Enderezo: Praza Pascual Veiga 7, entrechán A, 15706 Santiago de Compostela (IMPORTANTE: SÓ ATA O 22 DE MARZO, POR CAMBIO DE SEDE)

Material necesario

Non é imprescindible levar un dispositivo GPS, pero sí é moi recomendable.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección de datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Praza de Pascual Veiga, 7, entrechán A, 15706, de Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.