Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán CampUSC 2013

25-28 de xuño, 1-31 de xullo e 2-10 de setembro
O programa Verán CampUSC 2013 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período e que estes e outros interesados/as poidan participar nos cursos de verán da USC. Tamén pode participar o público en xeral.

Verán CampUSC 2013 está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC. Colaboran o Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade e a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco.  

Neste proxecto amosarémoslle aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes, atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. A práctica de actividades físico-deportivas non é boa só a nivel de saúde senón tamén para inculcar dun xeito lúdico os valores de disciplina, esforzo, dedicación e respecto ás normas que sen dúbida resultarán de utilidade para a vida cotiá.

As actividades de tempo libre e lecer serán dirixidas por persoal da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco de Santiago de Compostela, mentres que as actividades deportivas serán dirixidas polo persoal da Fundación USC Deportiva.

  • Descargar as Bases do Verán CampUSC 2013

Destinatarios/as

O programa está dirixido aos nenos e nenas entre 3 e 13 anos de idade1, fillos/as de:

  • Traballadores/as da USC
  • Estudantes da USC
  • Asistentes a congresos e cursos de verán da USC 2
  • Traballadores/as da Fundación USC Deportiva
  • Público en xeral
1 Os nenos/as de 3 anos deberán telos cumpridos no momento de comezar na actividade.
2 As persoas inscritas nos cursos de verán da USC, poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso/s nos que estea matriculado/a.

Horario e quendas

O programa terá o seguinte horario de luns a venres de 08:45 h. a 14:30 h.

E as quendas seguintes:

  • 1ª: Do 25 ao 28 de xuño de 2013
  • 2ª: Do 1 ao 12 de xullo de 2013
  • 3ª: Do 15 ao 19 de xullo de 2013
  • 4ª: Do 22 ao 31 de xullo de 2013
  • 5ª: Do 2 ao 10 de setembro de 2013

O programa Verán CampUSC 2013 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC ou noutras acordadas segundo as actividades planificadas. A organización dos grupos dependerá do número de nenas e nenos inscritos/as.

Establécese como lugar de chegada e saída dos participantes o Pavillón Polideportivo Universitario.  

O programa dará comezo ás 08:45 horas, e rematará ás 14:30 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores/as responsables comprenderá esa franxa horaria.

Cancelación do Verán CampUSC 2013

O Verán CampUSC 2013 desenvolverase se houbera unha demanda suficiente de participantes que poida garantir o éxito da actividade tanto en termos económicos como deportivo-educativos e de lecer. De non seres así, poderíase cancelar a actividade na súa totalidade, ou só nas quendas onde non houbera demanda suficiente. Nese caso devolveríanse as cotas pagadas polos solicitantes. 

Número de prazas

As prazas ofertadas serán 70 por quenda. Cando as prazas demandadas nunha quenda sexan superiores a 70, aplicaranse os criterios que se establecen no apartado seguinte destas bases.  

A Fundación USC Deportiva poderá ofertar máis prazas a maiores destas 70 a entidades coas que estableza algún tipo de convenio. No caso de que esas entidades non fagan uso das súas prazas reservadas, estas pasarán a estar a disposición do público xeral.

A Fundación USC Deportiva garantiza unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas totais. 

Preinscrición e procedemento de admisión

Dende o 18 de abril ao 5 de maio de 2013 estará aberto o período de preinscrición para todo tipo de solicitantes. A preinscrición farase utilizando o formulario on line.

En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección:

1º lugar: Fillos/as de traballadores/as da USC, estudantes da USC, asistentes a congresos, cursos de verán e traballadores da Fundación USC Deportiva.

Cando o número de solicitudes nunha quenda supere o numero de prazas, terá preferencia:

  1. Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe.
  2. Familias con maior número de fillos inscritos.
  3. Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas.  
  4. No caso de haber un grupo de solicitantes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo.

2º lugar: Público en xeral. Cando o número de solicitudes nunha quenda supere o numero de prazas, terá preferencia:

  1. Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe.
  2. Familias con maior número de fillos inscritos.
  3. Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas.  
  4. No caso de haber un grupo de solicitantes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo.

O 7 de maio, como data límite, publicaranse as listas de admitidos/as en cada quenda na web da Fundación USC Deportiva e no seu taboleiro de anuncios.

A Comisión de Seguimento do programa resolverá aquelas cuestións que na organización e distribución de prazas puideran xurdir, sobre a interpretación das presentes bases, máis calquera outra cuestión que pola súa índole precise dalgunha resolución. Esta Comisión está composta por: 

  • Vicepresidente da Fundación USC Deportiva ou persoa en quen delegue
  • Representante da comunidade universitaria no Padroado da Fundación USC Deportiva
  • Xerente da Fundación USC Deportiva
  • Director do Verán CampUSC 2013
  • Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da USC

A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos/as que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten estas bases e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión, daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores.

Os/as nenos/as que acudan ao Verán CampUSC 2013 deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados a súa idade (respecto aos monitores, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc.). De non ser así, o esforzo dos/as monitores/as estará encamiñado a informar aos pais, nais ou titores deste feito para realizaren a adecuada labor educativa conxunta.

A Comisión de Seguimento poderá solicitar documentación acreditativa aos destinatarios.

Inscrición

Os admitidos no período de preinscrición poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento dende o momento da publicación das listas ata o 20 de maio. No caso de que o número de preinscricións nalgunha quenda fose inferior a 70, quedará aberto tamén neste momento o prazo de inscrición para quen non teña feita preinscrición, ata cubrir as prazas vacantes.  

O 21 de maio comunicarase a través da web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

Os inicialmente admitidos no período de preinscrición que non formalicen a praza antes do 20 de maio, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

Formas de formalización da inscrición

As persoas que teñan feita a preinscrición non deberán cubrir o formulario de inscrición, independentemente de que a fagan de forma presencial ou a través da páxina web.

a) Páxina web: A través da páxina web da Fundación USC Deportiva poderá cubrir e enviar o formulario de inscrición, e efectuar o pagamento online da cota correspondente atendendo ao número de nenos/as que inscriba e as quendas ás que asistan. Unha vez feito isto, haberá que entregar a seguinte documentación:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a
  • Fotocopia do DNI do neno/a (se ten)
  • Autorizacións asinadas conforme a este modelo.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos de asistentes.  

Esta documentación deberá entregarse na sede da Fundación USC Deportiva, ben de maneira presencial, por correo postal ou escaneada, polo menos unha semana antes do primeiro día de asistencia do rapaz ao Verán CampUSC, como data límite.
 
b) Presencial: Descargue da nosa páxina web o formulario de inscrición (salvo que xa teña cuberto o formulario de preinscrición) e as autorizacións. Cúbraos e entrégueos xunto ao xustificante do pagamento dalgunha das contas bancarias e o resto da documentación na sede da Fundación.  

Contas bancarias onde realizar o pagamento:

  • Caixa Rural Galega. C.c.c: 3070 0035 26 6069384920  
  • Novagalicia Banco: C.c.c: 2080 0388 27 3040000932

Documentación que se deberá entregar facendo a inscrición de maneira presencial:

  • Folla de inscrición.
  • Resgardo de ter aboado o custo do programa
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a
  • Fotocopia do DNI do neno/a (se ten)
  • Autorizacións asinadas conforme a este modelo.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos de asistentes

 
IMPORTANTE (para para o pago online ou presencial): No concepto do ingreso bancario deberá aparecer o nome e apelidos do rapaz, así como as quendas nas que se inscribe utilizando os seguintes códigos:

Do 25 ao 28 de xuño

XUÑ

Do 1 ao 12 de xullo

XUL1

Do 15 ao 19 de xullo

XUL2

Do 22 ao 31 de xullo

XUL3

Do 2 ao 10 de setembro

SET

Por exemplo: XOSÉ PÉREZ PÉREZ XUÑ XUL1 SET  

A sede da Fundación USC Deportiva está no Edificio FEUGA (despachos 2 e 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, 15705, Santiago de Compostela.

O correo electrónico ao que enviar a documentación escaneada é:

  • contacto@fundacionuscdeportiva.org.  

A documentación poderá ser entregada de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas. Ata o 30 de xuño poderase entregar tamén de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas.

Durante o proceso de inscrición ou preinscrición, a Fundación USC Deportiva poderá solicitar aos pais/nais/titores que sinalen que son traballadores da USC, que acrediten dita vinculación de forma documental. 

Custo do programa

Os prezos especiais por varias quendas ou varios irmáns só se aplicarán cando se fagan nunha única inscrición. No caso de inscribirse a unha quenda e posteriormente a outra, non se aboará a diferenza, senón o prezo completo de ambas quendas. Aplicarase o mesmo no caso de inscribir a varios irmáns.

Custo por quenda e irmáns para traballadores/as da USC, estudantes da USC, asistentes a cursos de verán e congresos da USC4 e traballadores/as da Fundación USC Deportiva.

Custo unha quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

25-28 de xuño

52

98

140

1-12 de xullo

130

244

351

15-19 de xullo

65

122

176

22-31 de xullo

91

171

246

2-10 de setembro

91

171

246

Custo varias quendas

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

X

X

X

235

441

634

X

X

X

X

314

591

849

X

X

X

198

371

534

X

X

X

X

284

534

768

X

X

X

259

487

700

X

X

X

X

314

591

849

X

X

X

X

296

557

801

X

X

X

272

510

734

X

X

X

X

326

613

883

X

X

210

394

567

X

X

X

272

510

734

X

X

X

235

441

635

Campamento completo

347

652

937

4 O prezo por día será só para os asistentes aos cursos de verán e congresos e será de 25 euros.

Custo por quenda e irmáns para público en xeral

Custo unha quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

25-28 de xuño

64

120

176

1-12 de xullo

160

300

432

15-19 de xullo

80

150

216

22-31 de xullo

112

211

302

2-10 de setembro

112

211

302

 

Custo varias quendas

5

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

X

X

X



289

542

780

X

X

X

X


387

726

1044

X


X

X


243

457

656

X


X

X

X

350

657

943

X

X


X


319

599

862

X

X


X

X

387

726

1044

X

X

X


X

365

684

985


X

X

X


334

628

903


X

X

X

X

402

754

1084


X


X


258

485

697


X


X

X

334

628

903



X

X

X

289

543

697

Campamento completo

427

803

1153

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección de datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á  Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (despachos 2 e 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705, de Santiago de Compostela.

Actividades

A programación de actividades do Verán CampUSC 2013 contempla un amplo abano de actividades: actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos.  

Algunhas das actividades deportivas que se desenvolverán son: esgrima, deportes de raqueta, deportes de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, orientación, acrosport, xogos predeportivos, xogos populares…

Dentro das actividades de ocio e tempo libre inclúense diferentes obradoiros (pulseiras, máscaras, impresión á auga, etc.), cancións, xogos cooperativos, visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno, etc.

Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos e da duración da quenda, polo que non todos os rapaces ou en todas as quendas se farán as mesmas actividades.  

A programación detallada publicarase na web da Fundación antes do comezo de cada quenda.
 
A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso destas normas.