Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo de maio

11, 25 e 26 de maio
Os percursos de maio levarannos ás terras de Celanova e á vertente leonesa dos Ancares.

Sábado, 11. Camiño Natural de San Rosendo II. De Celanova a Bande

  • Hora de saída:  8:00 h.
  • Hora de regreso: 21:00 h. aprox.
  • Lonxitude da ruta: 18 km aprox.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.

No pasado mes de febreiro fixemos o primeiro tramo deste camiño. Faremos nesta ocasión o segundo tramo do camiño de San Rosendo, partindo de Celanova ata Bande.

Intentaremos visitar (se o nivel do encoro o permite) o campamento romano Aquis Querquennis, así como as termas naturais que hai no lugar dos Baños, onde, os que gusten, poderán disfrutar dun baño. A xente con tensión baixa debe ter precaución.

O percorrido goza de interese paisaxístico e natural.

Imos visitar o Mosteiro de Celanova. A visita ten un custe de 1,5 € por persoa que non vai incluído no prezo da actividade.

Importe da ruta

  • Categoría "A": 18 €
  • Categoría "B": 25 €
  • Categoría "C": 30 €
  • Pago con bono: 1 bono.

Inscricións

O prazo de inscrición ábrese o día 2 de maio.

Nota importante: en caso de anulación, esta será admitida ata o mércores antes da ruta e sempre coa debida xustificación.  

Número de prazas

Mínimo 15. Máximo 45. (Se non se acada o mínimo de persoas, procederase a anular a saída e á devolución do seu importe).
 

Sábado, 25 e domingo 26. Actividades de fin de semana en Ancares. Candín (León)

  • Hora de saída: sábado ás 08:00 h.
  • Hora de regreso: domingo ás 20:30 h. aprox.

 
Visitamos novamente a serra de Ancares, nesta ocasión a parte leonesa, o val de Candín.

Estaremos aloxados en dúas estupendas casas de turismo rural, unha en Pereda de Ancares e outra na ponte de Sorbeira, en réxime de media pensión. Todo o grupo cenará e almorzará na mesma casa, en Pereda. Tendes que levar a comida para as camiñatas

Faremos dúas rutas pola zona, dun altísimo interese natural e paisaxístico e de dificultade moderada, principalmente por sendeiros de montaña

Sábado 25: Ruta polo val do río Cuíña

  • Lonxitude da ruta: 14  km aprox.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.

Esta ruta  comezámola mesmo en Pereda e ímos subir polo val do río Cuíña ata o fondo do mesmo, onde teremos unhas vistas magníficas dos bosques da zona así como da fervenza do río.

Domingo, 26: Ruta de ascenso ao pico Miravalles

  • Lonxitude da ruta: 10  km aprox.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.

Fermoso percorrido que nos leva ao alto do pico Miravalles (1.966 m), onde gozaremos dunhas estupendas vistas.

Importe da saída. 

  • Categoría "A": 106 €.
  • Categoría "B": 120 €
  • Categoría "C": 130 €
  • Pago con bono: 2 bonos + 70 €.

Inscricións

O prazo de inscrición ábrese o día 2 de maio

Nota importante: en caso de anulación, ésta será admitida ata o mércores antes da ruta e sempre coa debida xustificación.  

Número de prazas

Mínimo 20. Máximo 26. (Se non se acada o mínimo de persoas procederase a anular a saída e a devolución do seu importe).

 

Máis información

As rutas de sendeirismo están organizadas polo Servizo de Deportes da USC. Para saber dos prezos e a inscrición, pódense consultar aquí: www.usc.es/deportes.