Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

De: 4 de xullo    A: 10 de xullo

Sendeirismo en Pireneos

Auritz-Burguete (Pireneo navarro)
Seis rutas polos Pireneos en Navarra. O prazo de inscrición remata o 16 de xuño. Os prezos van desde os 460 aos 540 euros e inclúen a viaxe, a estancia en media pensión e os deprazamentos diarios no autobús para facer as rotas en compañía de 2 monitores. Aloxamento Hostal de Burguete e casas rurais. Disporase do autobús para poder desprazarnos aos lugares de inicio das distintas rotas. Prazas limitadas. Reunión Informativa: mércores 16 de xuño, ás 20:00 h. na piscina universitaria.

Datas e horario

  • Saída de Santiago: 4 de xullo, domingo ás 8:00 h.
  • Regreso: 10 de xullo, sábado ás. 22: 00 h. (aprox.).

Prezos

Importe: (inclúe a viaxe, a estancia en media pensión no Hostal de Burguete e casas rurais e os deprazamentos diarios no autobús para facer as rotas en compañía de 2 monitores):

  • Cat. A: 460 €.
  • Cat. B e C: 540 €.

Datas de inscrición límite

O día límite para inscribrise é 16 de xuño.

Rutas

Día 4 de xullo: Viaxe ata Burguete. Pequeno paseo ata Roncesvalles ao chegar a Burguete.

Día 5 de xullo:  Rota de Burguete ó alto de Urkiaga
Lonxitude: 17 km. Desnivel: medio. Dificultade: media

É un percorrido que aproveita o trazado do sendeiro GR-11. Sae mesmo desde Burguete e chega ao porto de Urkiaga, onde nos recollerá o bus. As paisaxes son moi variadas xa que pasaremos por bosques, cumios e zonas altas de pastos. Todas son dunha extraordinaria beleza. O sendeiro acada o cumio do pico Mendiaundi (1.215m) e pasa moi preto do pico Adi (1.440m). O ascenso a este último é optativo.

Día 6 de xullo: Rota desde o alto de Ibañeta á Fábrica de Orbaitzeta
Lonxitude:16 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.

Este itinerario sae do alto de Ibañeta, xa a unha altura considerable (1.000 m). Enlazamos co camiño de Santiago e percorremos un tramo deste en dirección contraria, polo chamado camiño de Napoleón e dirixímonos, pegados á fronteira con Francia, ao pico Urkulu (1430 m. ascenso optativo). No cumio podemos observar restos dun torreón romano e un pouco mais abaixo tamén veremos un dolmen ben conservado. Despois pouco a pouco entre zonas de pastos e bosques, chegamos ás ruínas da fábrica de Orbaitzeta (fábrica de armas do século XVIII). Una vez aquí, teremos posibilidade de mercar queixos típicos elaborados con leite de ovella.

Día 7 de xullo: Visita a Saint Jean Pied de Port

Esta xornada será de descanso e aproveitaremos para visitar e pasear por esta fermosa vila francesa, onde para moitos peregrinos comeza o camiño. Esta vila fundouse no século XII e foi un importante centro comarcal de mercadorías e comunicacións. A parte mais antiga da vila, a que está dentro das murallas, conta con un número importante de casas dos séculos XVI e XVII que se atopan nun perfecto estado de conservación.

Día 8 de xullo: Rota pola selva de Irati
Lonxitude:16 km. Desnivel: medio. Dificultade: media

Comezamos a nosa visita á selva de Irati na súa entrada en Arrazola, preto de Orbaitzeta, desde aquí internarémonos no corazón de Irati polo antigo trazado do GR-11, pasando por bosques fermosos e zonas altas. Acadamos o embalse de Irati e desde éste, por unha pista, chegamos as Casas de Irati, onde nos recollerá o autobús.Ao regreso pararemos en Ochagabía, precioso pobo que paga a pena visitar.

Día 9 de xullo: Rota de Burguete a Orbara
Lonxitude: 16 km. Desnivel: medio-baixo. Dificultade: media-baixa.

Saímos mesmo desde Burguete tomando o trazado novo do GR-11 e atravesando maravillosos faiais e zonas de pasto e gandería chegamos á localidade de Orbara.

Día 10 de xullo: Viaxe de regreso a Santiago de Compostela