En Gran Bretaña, en 1920, dous atletas de diferentes clases sociais, Harold Abrahams e Eric Liddell, adéstranse para competir nos Xogos Olímpicos de París 1924. Liddell é un cristián evanxélico da Igrexa Reformada de Escocia e os seus pais son misioneiros en China. Nacido en China retorna a Escocia para estudar e salienta como xogador de rugbi para despois dedicarse ao atletismo. Dotado dun gran carisma acadará sona como un deportista excepcional.
Harold Abraham é xudeu, condición pola que ten que enfrontar a un menor recoñecemento social. O atletismo bríndalle a Harold Abraham a oportunidade de acadar un amplo recoñecemento popular cando bate a marca de velocidade da Universidade de Cambridge o que lle abre a porta para participar, xunto con Liddell, no equipo olímpico.
Nas Olimpiadas de París de 1924, Eric Liddell terá que enfrontarse a un dilema: participar na carreira para que leva preparándose anos ou respectar os preceptos da súa relixión que lle impeden competir en domingo e deixar logo de correr nos 100 metros, a proba na que tiña mellores rexistros. Pregándose ás súas crenzas decidirá non facer a carreira.
Os feitos que se narran en Carros de lume son parcialmente certos xa que Liddell, efectivamente, renunciou a participar nos 100 metros por razóns relixiosas, pero o calendario das probas era sabido desde había moitos meses polo que Liddell se adestrara para competir non para os 100 metros senón para os 200 e os 400 metros nos xogos parienses. Tampouco é verdade como se conta na película que un compañeiro de equipo lle cedese a súa praza nos carreira de 400 metros.
Tanto Harold Abrahams como Eric Liddell subiron ao podio en París. Liddell conseguiu a medalla de bronce nos 200 metros, por detrás dos estadounidenses Jackson Scholz e Charlie Paddock. Nos 400 metros batiría inesperadamente o récord olímpico con 47,6s e obtivo a medalla de ouro por diante do estadounidense Horatio Fitch (48.4s) e do británico Guy Butler (48,6s). Pola súa parte, Harold Abrahams foi ouro na carreira de 100 metros lisos.
Carros de lume foi ganadora de 4 Oscars en 1982: mellor película para David Puttnam, mejor guión original para Colin Welland, mellor banda sonora orixinal para Vangelis e mellor vestiario para Milena Canonero. Amais foi nominado Ian Holm como mellor actor de reparto, Hugh Hudson como mellor director y a película como a mellor montaxe.
A banda sonora do grego Vangelis tornouse nunha popular melodía a comezos da década dos anos oitenta do pasado século.

Cartel orixinal da película
Requírese Flash!A carreira da final de 400 m. en Carros de lume