Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.

Este tramo é un percorrido esixente polas continuas subidas e baixadas, con pendentes moi fortes e pronunciadas nalgúns puntos. O terreo ás veces é un pouco incómodo.

A beleza das paisaxes é proporcional ás dificultades. Hai algún curto tramo que podería ser vertixinoso. Compre ir amodo.

Sen dúbida algunha é un dos tramos mais salvaxes do Camiño dos Faros dende o punto de vista paisaxístico

Sairemos mesmo de Muxía, onde teremos un rato para tomar o café matinal e unha consecución de fermosas e abraiantes praias, coídos, montes, enseadas e cabos nos leva ata Touriñán onde nos recollerá o autobús.

  • Lonxitude: 21 km aproximadamente
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: media-alta
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30 aproximadamente.
« Xaneiro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19
20
21
22 23 24 25 26
27
28
29 30 31  

Sábado 20 de xaneiro. Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar.

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.