Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 12 de maio. Serra de Queixa. Ruta de Montaña.

Imos ata Chandrexa de Queixa para facer un percorrido por unha das serras máis senlleiras do Macizo Central Ourensán: a serra de Queixa.

A ruta é de ida e volta polo mesmo camiño. Dada a súa lonxitude, o desnivel e as características do terreo a consideramos unha ruta de montaña.

Comeza na parroquia de Chandrexa e vai por corredoiras típicas ata Forcadas, un lugariño situado nun fermoso val. Aquí comeza a subida propiamente dita ao alto da serra.

No tramo intermedio da subida a ruta vai por un sendeiriño feito polo gando, en forte pendente e, a medida que vai chegando ao alto, o camiño mellora substancialmente.

Logo de 5 quilómetros de subida chegamos á Mallada do Frade, a 1.700 m de altitude. Dende aquí nos achegaremos un pouco máis ao sur, para poder ver as impresionantes vistas sobre a serra.

O regreso é polo mesmo camiño.

A ruta ten un alto interese paisaxístico e natural.

  • Hora de saída: ás 08:00 h., diante da Piscina Universitaria.
  • Hora de regreso: ás 21:30 h., aproximadamente
  • Lonxitude: 23 km aproximadamente.
  • Desnivel: medio-alto.
  • Dificultade: media-alta.
« Xaneiro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 17 18
19
20
21 22 23 24 25
26
27
28
29 30 31  

Sábado 19 de xaneiro. Arredores de Corrubedo

Comezamos o ano cun fermosísimo percorrido costeiro pola zona de Corrubedo e o seu parque natural.

Sábado 26 de xaneiro. As Fragas de Trabada. Ruta do Vento

O concello de Trabada agocha un valiosísimo tesouro nas ladeiras da serra da Cadeira: as Fragas de Trabada.

Luns 28 de xaneiro. Especial Santo Tomás de Aquino. Fervenza de Augacaída e castro de Marce.

Ruta até a fervenza de Augacaída e o castro de Marce, probablemente un dos sitios máis fermosos da Ribeira Sacra.