Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 26 de maio. O Grove. Ruta de Lecer.

Esta ruta percorre o litoral oeste da península do Grove partindo do Museo da Salazón, en punta Moreiras, e rematando en San Vicente do Grove.

Durante todo o percorrido, practicamente chairo, pasaremos por numerosas praias, como Area das Pipas, Area Grande ou Canelas e zonas de diverso interese natural ou cultural, como a lagoa de Bodeiro ou a necrópole do Adro Vello.

Nun punto da ruta desviarémonos cara ao interior para cambiar a perspectiva da paisaxe e adentrarnos en zonas rurais e gozar das vistas da illa de Ons dende unha zona algo máis elevada.

Os camiños, en xeral, son cómodos, aínda que algúns tramos son areosos e farán o noso camiñar algo pesado.

Antes de comezar a camiñar faremos unha visita guiada dunha hora de duración, aproximadamente, ao Museo da Salazón. Esta visita ten un custo de 2€ por persoa e non está incluída na inscrición. Cada persoa deberá abonalo no momento.

Practicamente toda a ruta transcorre por espazos protexidos pola Rede Natura 2000.

  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da Piscina Universitaria
  • Hora de regreso: ás 21:00 h., aproximadamente.
  • Lonxitude: 12 km, aproximadamente.
  • Desnivel: baixo.
  • Dificultade: baixa-media.
« Outubro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05
06
07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 18 19
20
21
22 23
24
25 26 27 28
29 30 31  

Sábado 6 de outubro. Ruta de Sendeirismo. De Mugardos a Ares

A camiñada comeza no porto de Mugardos para facer un percurso litoral até chegar a Ares.

Sábado 20 de outubro. Ruta de Sendeirismo. Camiño dos Faros. De Rostro a Fisterra

Última etapa do Camiño dos Faros desde Rostro a Fisterra.

Mércores 24. Roteiro polo río Ulla. Pontevea.

Camiñada para apreciar a riqueza paisaxística da bacia do Ulla desde Pontevea ao Xirimbao.