Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Día 14 de novembro. Ruta da fervenza do Toxa (Silleda)

Desta volta nos desprazamos ao concello de Silleda para facer un fermosísimo percorrido nos arredores da fervenza do Toxa.

Comezamos no lugar de Pazos (San Martiño) e imos por camiños tradicionais ata a parte alta da fervenza, onde hai uns espectaculares miradoiros que permiten observar a fervenza en todo o seu esplendor.

Logo a ruta baixa por unha pista bastante cómoda, atravesando un fermoso bosque autóctono ata a mesma base da fervenza, o que permite ter una perspectiva moi diferente da mesma.

Dende aquí toca regresar, tendo que subir parte do camiño feito no descenso, pero collendo un desvío ata o lugariño de Quintás, para achegarse novamente a Pazos, onde remata a ruta.O camiño en xeral é moi bo . É moi salientable a biodiversidade do bosque, destacando sobre todo algúns exemplares de sobreira.

  • Hora e lugar de saída: 16:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: 20:00 h.
  • Lonxitude: 6 km., aproximadamente.
  • Desnivel: medio-baixo.
  • Dificultade: baixa.
« Novembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13
14
15 16
17
18
19 21 22 23
24
25
26 27 28 29 30  

Día 14 de novembro. Ruta da fervenza do Toxa (Silleda)

Desta volta nos desprazamos ao concello de Silleda para facer un fermosísimo percorrido nos arredores da fervenza do Toxa.

Día 17 de novembro. Ruta de montaña: Monte Oribio desde Lóuzara

Subida ao cumio do Oribio desde San Cristovo de Lóuzara na ladeira sur da montaña. Dende aí, entre bosques e por antigas corredoiras chegamos a Gudríz, onde comeza a forte e longa ...

Día 24 de novembro. Ruta de sendeirismo polo río Arnoia

A ruta que faremos polo río Arnoia forma parte da rede galega de sendeiros homologados.