Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Día 24 de novembro. Ruta de sendeirismo polo río Arnoia

A ruta que faremos polo río Arnoia forma parte da rede galega de sendeiros homologados.

Comezamos o percorrido no santuario da Nosa Señora do Val. Ao pouco pasa polo lugariño de O Viso. Logo, entre bosques moi ben conservados, chega ata a mesma beira do Arnoia. Máis adiante hai unha forte pero breve subida. O camiño volve a descender ata o río, pero chegado a este punto vai durante dous quilómetros por dentro dunha antiga canle de auga. Despois volve a afastarse do río e comeza unha subida ata o lugar de Escudeiros, onde remata o camiño oficial. Dende aquí, en pouco máis de dous quilómetros chegamos ao santuario no que comezamos.

A ruta ten un alto interese natural e paisaxístico. Se chovese moito os días anteriores pode haber lama, e algún punto pode ser esvaradío.

  • Hora de saída: 09:00 h. (Piscina universitaria)
  • Hora de regreso: 20:00 h., aproximadamente.
  • Lonxitude: 14 km.
  • Desnivel: medio.    
  • Dificultade: media.
  • Mapa da ruta do río Arnoia
  • MIDE da ruta do río Arnoia
« Outubro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05
06
07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19
20
21
22 23
24
25 26 27 28
29 30 31  

Sábado 6 de outubro. Ruta de Sendeirismo. De Mugardos a Ares

A camiñada comeza no porto de Mugardos para facer un percurso litoral até chegar a Ares.

Sábado 20 de outubro. Ruta de Sendeirismo. Camiño dos Faros. De Rostro a Fisterra

Última etapa do Camiño dos Faros desde Rostro a Fisterra.

Mércores 24. Roteiro polo río Ulla. Pontevea.

Camiñada para apreciar a riqueza paisaxística da bacia do Ulla desde Pontevea ao Xirimbao.