Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 16 de febreiro. Ruta de Montaña. Alto do Convento. Quiroga. O Caurel

Ruta de montaña para coroar o cumio do Alto do Convento en Quiroga.

Retomamos a nosa programación de rutas de montaña visitando o sur da serra do Caurel, máis concretamente o concello de Quiroga. O noso obxectivo nesta ocasión é o alto do Convento (1128 m), un cumio situado moi preto do veciño concello de Folgoso, de altitude moderada, pero que é un abraiante miradoiro natural desta zona da serra.

A actividade comeza na parroquia de A Ermida, a 350m de altitude. Os primeiros sete quilómetros son unha constante e case que permanente subida ata o mesmo cumio, con tramos de moita pendente e outros máis levadíos. No alto poderemos divisar gran parte da serra e da comarca, a chaira de Quiroga e San Clodio, o val do Lor, o Caurel...

Despois comezamos o descenso ata Campodola, onde poderemos observar un dos máis interesantes elementos xeolóxicos do noso país, que foi declarado monumento natural no ano 2012 e lugar de interese xeolóxico no 2011. Aquí a paisaxe cambia drasticamente, entramos no val do río Ferreiriño, e aparece o bosque autóctono. No lugar de Campodola enlazamos co sendeiro PR-G192, o cal seguiremos ata o final da ruta no lugar de Campos de Vila.


O percorrido non ten grandes dificultades, salvo o continuo e forte desnivel a salvar tanto na subida como na baixada. Tamén no tramo do sendeiro de Campodola teremos que cruzar un rego, que en función do seu caudal pode complicarnos máis ou menos. Un pouco máis adiante hai un curto tramo que pode dar algo de vertixe.

  • Lonxitude: 18 km aproximadamente
  • Dificultade: media-alta
  • Desnivel: forte
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30  aproximadamente
« Febreiro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12
13
14 15
16
17
18 19 20 21 22
23
24
25 26 27 28  

Sábado 9 de febreiro. A Cañiza. A Paradanta

Ruta polo val do río Calvo, seguindo o Camiño da Raíña nas terras da Paradanta.

Mércores 13 de febreiro. Roteiro. Monumento Natural Fraga de Catasós. Lalín

Ruta até a fraga de Catasós, un marabilloso espazo natural do concello de Lalín declarado Monumento Natural.

Sábado 16 de febreiro. Ruta de Montaña. Alto do Convento. Quiroga. O Caurel

Ruta de montaña para coroar o cumio do Alto do Convento en Quiroga.

Sábado 23 de febreiro. Ruta do Castro de Cervantes (Os Ancares)

Ruta circular para achegarse ao castro de Santa Mariña desde Cervantes.