Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 23 de febreiro. Ruta do Castro de Cervantes (Os Ancares)

Ruta circular para achegarse ao castro de Santa Mariña desde Cervantes.

Visitamos o concello de Cervantes para facer a fermosa e coñecida Ruta do Castro. É unha ruta circular, con comezo e final no mesmo Cervantes, que nos achega ao castro de Santa Mariña logo de pasar o rego de Castelo. Mais adiante, subindo, chegamos a San Pedro onde comeza a subida máis forte da ruta de hoxe, que nos leva ao alto de Bibián, a 900m de altitude. Dende aquí hai moi boas vistas de gran parte do concello. Un curto tramo por asfalto nos leva a unha curiosa capela dedicada a dous santos: san Estevo e san Antonio. Neste punto comezamos a descender ata chegar novamente a San Pedro e de aquí continuamos ata Cervantes.

O percorrido ten un alto interese natural, xa que son abondosos os bosques e cursos de auga. A zona tamén é unha boa mostra da típica paisaxe de montaña.
Pode haber lama nos camiños e tamén árbores caídas que poden molestar.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30  aproximadamente
« Febreiro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12
13
14 15
16
17
18 19 20 22
23
24
25 26 27 28  

Sábado 9 de febreiro. A Cañiza. A Paradanta

Ruta polo val do río Calvo, seguindo o Camiño da Raíña nas terras da Paradanta.

Mércores 13 de febreiro. Roteiro. Monumento Natural Fraga de Catasós. Lalín

Ruta até a fraga de Catasós, un marabilloso espazo natural do concello de Lalín declarado Monumento Natural.

Sábado 16 de febreiro. Ruta de Montaña. Alto do Convento. Quiroga. O Caurel

Ruta de montaña para coroar o cumio do Alto do Convento en Quiroga.

Sábado 23 de febreiro. Ruta do Castro de Cervantes (Os Ancares)

Ruta circular para achegarse ao castro de Santa Mariña desde Cervantes.