Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 28 de setembro. Ruta de Lecer. De Barrañán a Baldaio.

Comezamos este novo curso cunha ruta de Lecer pola costa coruñesa por terras de Bergantiños, unha ruta que desde Barrañán nos achega á praia de Baldaio.

A ruta comeza na praia de Barrañán no concello de Arteixo e vai todo o rato preto da costa atravesando diferentes puntos de interese, como o portiño de Sorrizo, o lugariño de Cima da Vila, o santuario dos Milagres, a vila de Caión (concello de Laracha) e o complexo dunar de Baldaio (concello de Carballo), onde remata. O itinerario ten un alto interese paisaxístico e natural e gran parte del transcorre dentro de zonas da Rede Natura.

Aínda que a ruta está englobada dentro da programación de rutas de Lecer, non está exenta de desnivel como noutras ocasións e hai algunha que outra costa. O terreo polo que transcorre o percorrido é, en xeral, bo.O santuario dos Milagres é unha obra do século XIX de estilo barroco compostelano. A súa construción levou 34 anos e suponse que, previamente, no lugar había unha igrexa románica. O 8 de setembro celébrase no santuario a Romaría dos Milagres de Caión, unha das máis importantes de toda a comarca de Bergantiños.

  • Lonxitude: 14 km aproximadamente.
  • Dificultade: baixa-media.
  • Desnivel: baixo-medio.
  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 19:00 h.,  aproximadamente.
« Setembro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27
28
29
30  

Sábado 28 de setembro. Ruta de Lecer. De Barrañán a Baldaio.

Comezamos este novo curso cunha ruta de Lecer pola costa coruñesa por terras de Bergantiños, unha ruta que desde Barrañán nos achega á praia de Baldaio.