Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

1-3 de novembro. Actividade de montaña. Peña Rueda. Quirós. Parque Natural de las Ubiñas.

Está previsto facer tres rutas, entre elas o ascenso a Peña Rueda de 2.152 m, unha das montañas máis bonitas do Parque Natural de las Ubiñas. As outras seguramente serán pola serra de Sobia e arredores.
  • Saída: venres día 1, ás 07:00, diante da piscina universitaria.
  • Regreso: domingo día 3, ás 21:30 aproximadamente.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición remata o día 6 de outubro.

Inscrición

Pata realizar a inscrición acceda a esta aplicación

Aloxamento

Albergue Municipal de Arrojo en Quirós, en réxime de media pensión, polo que tendes que levar a comida para as rutas. As habitacións son con liteiras de 8, 6 e 4 persoas de capacidade.

Observacións

Como é unha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como ter un bo estado de forma e estar acostumado a subir e baixar fortes desniveis (máis de 1.000 m).

En caso de haber alguén con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria debe comunicalo no momento de facer a inscrición

Dadas as características montañosas da zona e a época na que imos é importante prestar boa atención ás previsións meteorolóxicas.

« Xaneiro - 2020 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17
18
19
20 21 22 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 18 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Rodeiro. O Faro.

Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro.

Sábado 25 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Esgos. Río Grañal

A camiñada lévanos a Esgos, na provincia de Ourense.