Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

16 de novembro. Ruta de sendeirismo de Baños de Molgas-Santa Eufemia

Baños de Molgas ten moitos elementos de interese relacionados co termalismo, a etnografía, a arquitectura e a natureza.

A ruta comeza en Baños de Molgas, á beira do río Arnoia, en dirección á estación do tren. Nos seguintes quilómetros pasaremos por diferentes aldeas como Bouzas, Nocelo e Santa Eufemia, onde pararemos un rato a ver a súa igrexa, de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Foi declarada Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico.

 

Un pouco máis adiante poderemos ver os petroglifos do monte Lampaza e ao pouco chegamos a A Acea, por onde pasamos o curso pasado nunha ruta que fixéramos por Xunqueira de Ambía. Logo temos que cruzar o Arnoia para chegar a Ponte de Ambía onde tomaremos xa o camiño de regreso a Baños de Molgas pasando antes por San Pedro.

A meirande parte da ruta vai por fermosas corredoiras entre zonas de bosques moi ben conservados. Tamén hai algún tramo á beira do Arnoia. A ruta ten un alto interese cultural, natural e paisaxístico. Pode haber lama nos camiños.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: 9 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: 19:30 h. aproximadamente.
« Xaneiro - 2020 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17
18
19
20 21 22 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 18 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Rodeiro. O Faro.

Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro.

Sábado 25 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Esgos. Río Grañal

A camiñada lévanos a Esgos, na provincia de Ourense.