Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

16 de novembro. Ruta de sendeirismo de Baños de Molgas-Santa Eufemia

Baños de Molgas ten moitos elementos de interese relacionados co termalismo, a etnografía, a arquitectura e a natureza.

A ruta comeza en Baños de Molgas, á beira do río Arnoia, en dirección á estación do tren. Nos seguintes quilómetros pasaremos por diferentes aldeas como Bouzas, Nocelo e Santa Eufemia, onde pararemos un rato a ver a súa igrexa, de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Foi declarada Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico.

 

Un pouco máis adiante poderemos ver os petroglifos do monte Lampaza e ao pouco chegamos a A Acea, por onde pasamos o curso pasado nunha ruta que fixéramos por Xunqueira de Ambía. Logo temos que cruzar o Arnoia para chegar a Ponte de Ambía onde tomaremos xa o camiño de regreso a Baños de Molgas pasando antes por San Pedro.

A meirande parte da ruta vai por fermosas corredoiras entre zonas de bosques moi ben conservados. Tamén hai algún tramo á beira do Arnoia. A ruta ten un alto interese cultural, natural e paisaxístico. Pode haber lama nos camiños.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: 9 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: 19:30 h. aproximadamente.
« Outubro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11
12
13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25
26
27
28 29 30 31  

Sábado 12 de outubro. Ruta de Bueu a Marín

Percorrido costeiro pola ría de Pontevedra unindo as localidades de Bueu e Marín, na zona norte da península do Morrazo.

Sábado 26 de outubro. Ruta da fraga da Marronda PR-G145

A camiñada seguirá o trazado do sendeiro homologado PR-G145 e nosa achegará á contorna da fraga da Marronda.