Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

16 de novembro. Ruta de sendeirismo de Baños de Molgas-Santa Eufemia

Baños de Molgas ten moitos elementos de interese relacionados co termalismo, a etnografía, a arquitectura e a natureza.

A ruta comeza en Baños de Molgas, á beira do río Arnoia, en dirección á estación do tren. Nos seguintes quilómetros pasaremos por diferentes aldeas como Bouzas, Nocelo e Santa Eufemia, onde pararemos un rato a ver a súa igrexa, de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Foi declarada Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico.

 

Un pouco máis adiante poderemos ver os petroglifos do monte Lampaza e ao pouco chegamos a A Acea, por onde pasamos o curso pasado nunha ruta que fixéramos por Xunqueira de Ambía. Logo temos que cruzar o Arnoia para chegar a Ponte de Ambía onde tomaremos xa o camiño de regreso a Baños de Molgas pasando antes por San Pedro.

A meirande parte da ruta vai por fermosas corredoiras entre zonas de bosques moi ben conservados. Tamén hai algún tramo á beira do Arnoia. A ruta ten un alto interese cultural, natural e paisaxístico. Pode haber lama nos camiños.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: 9 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: 19:30 h. aproximadamente.
« Decembro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 07 08
09 10 11 12 13
14
15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
31
 

Sábado 14 de decembro. Ruta de sendeirismo. Fervenza de Painceiras (As Pontes).

Viaxamos ata o concello de As Pontes para facer unha fermosa ruta polas parroquias de Ribadeume e Bermui.

Martes 31 de decembro. Actividade Especial Fin de Ano. Monte Pedroso

Un ano máis xuntarémonos para facer a xa tradicional ruta de Fin de Ano. Nesta ocasión, ao cumio do monte Pedroso.