Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

16 de novembro. Ruta de sendeirismo de Baños de Molgas-Santa Eufemia

Baños de Molgas ten moitos elementos de interese relacionados co termalismo, a etnografía, a arquitectura e a natureza.

A ruta comeza en Baños de Molgas, á beira do río Arnoia, en dirección á estación do tren. Nos seguintes quilómetros pasaremos por diferentes aldeas como Bouzas, Nocelo e Santa Eufemia, onde pararemos un rato a ver a súa igrexa, de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Foi declarada Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico Artístico.

Un pouco máis adiante poderemos ver os petroglifos do monte Lampaza e ao pouco chegamos a A Acea, por onde pasamos o curso pasado nunha ruta que fixéramos por Xunqueira de Ambía. Logo temos que cruzar o Arnoia para chegar a Ponte de Ambía onde tomaremos xa o camiño de regreso a Baños de Molgas pasando antes por San Pedro.

A meirande parte da ruta vai por fermosas corredoiras entre zonas de bosques moi ben conservados. Tamén hai algún tramo á beira do Arnoia. A ruta ten un alto interese cultural, natural e paisaxístico. Pode haber lama nos camiños.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: 9 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: 19:30 h. aproximadamente.
« Novembro - 2019 »
L Ma M X V SD
 
01
02
03
04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 15
16
17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

1-3 de novembro. Actividade de montaña. Peña Rueda. Quirós. Parque Natural de las Ubiñas.

Está previsto facer tres rutas, entre elas o ascenso a Peña Rueda de 2.152 m, unha das montañas máis bonitas do Parque Natural de las Ubiñas. As outras seguramente serán pola serra...

1-3 de novembro. Actividade de montaña. Peña Rueda. Quirós. Parque Natural de las Ubiñas.

Está previsto facer tres rutas, entre elas o ascenso a Peña Rueda de 2.152 m, unha das montañas máis bonitas do Parque Natural de las Ubiñas. As outras seguramente serán pola serra...

1-3 de novembro. Actividade de montaña. Peña Rueda. Quirós. Parque Natural de las Ubiñas.

Está previsto facer tres rutas, entre elas o ascenso a Peña Rueda de 2.152 m, unha das montañas máis bonitas do Parque Natural de las Ubiñas. As outras seguramente serán pola serra...

16 de novembro. Ruta de sendeirismo de Baños de Molgas-Santa Eufemia

Baños de Molgas ten moitos elementos de interese relacionados co termalismo, a etnografía, a arquitectura e a natureza.

Sábado 16 de novembro. V Curso de iniciación á meditación e o mindfulness

Seminario está enfocado a todas aquelas persoas que queran achegarse ao mundo da Meditación e do Mindfulness. Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os ...